Obradoiro: Bebidas vexetais "cero residuos"

Registrations are closed
Cando? O obradoiro divídese en dúas sesións: a primeira o venres 24 de maio, de 16.30 a 20.30, e a segunda, o venres 31 de maio, de 16.30 a 19.30. 


Canto? O prezo de inscrición inclúe a asistencia a ambas as sesións. Podes escoller entre:
  • Só inscrición: 25,00 €
  • Inscrición + kit de iniciación: 40,00 € (máis información abaixo)


Prazas limitadas: 18 participantes. As prazas só quedarán confirmadas en firme unha vez realizado o pagamento. Após recibir a túa inscrición (nun prazo de 24 h laborais), enviarémoste un correo electrónico coas indicacións necesarias.

O obradoiro só se realizará de contar cun mínimo de 15 asistentes.



Organizamos un obradoiro imprescindible se xa es unha consumidora consciente, pero tamén se queres explorar unha forma de vivir máis saudable, en harmonía co teu medio e o teu peto. Por que?:

  • As bebidas vexetais caseiras son máis dixestivas e ademais achegan enzimas, minerais, graxas saudables e proteína.
  • É doado, económico, apenas consume enerxía e non xera refugallos... porque imos aproveitar a polpa que sobra (moi valiosa nutricionalmente) para preparar uns pratos e petiscos incribles cun mínimo esforzo e tempo.
  • Aprenderemos cales son as mellores escollas segundo as nosas necesidades nutricionais e a pegada ambiental das diferentes materias primas que podemos empregar para facer bebidas vexetais.

SESIÓN 1

Introdución teórica: tipos de bebidas, custo ambiental e comparativa de prezos, valor nutricional...

Elaboración e degustación das bebidas.

SESIÓN 2

Aproveitamento da polpa sobrante da elaboración de bebidas vexetais e cata de pratos doces e salgados.

   


Kit de iniciación 

Se escolles a inscrición con kit de iniciación, recibirás o necesario para que despois poidas replicar o aprendido na casa. O kit de iniciación inclúe:

Avea en gran250g
Abelá sen casca 200g
Améndoa sen casca200g
Coco relado 85g
Lecitina de soia Mensan50g
Bolsa para bebidas vexetais1ud
Bolsa de papel con asas (mediana)1ud


Día e hora
venres, 24 de maio de 2024
16:30 20:30 (Europe/Madrid)
Lugar

(Árbore) Consumo Consciente Árbore, Soc. Coop. Galega

Rúa Lopez Mora, 30 Baixo
36122 Vigo (Pontevedra)
Spain
986233497
info@arbore.gal
Como chegar
Organizador

(Árbore) Consumo Consciente Árbore, Soc. Coop. Galega

986233497
info@arbore.gal
COMPARTIR

Acha o que ve e di a xente sobre este evento e únete á conversa.