Promocións

Coñece as ofertas mensuais e as gamas Basicoop Bio e +Coop. 

En Árbore traballamos para conseguir bos prezos para as nosas socias e clientas. A través da colaboración coa 'Red de Supermercados Cooperativos' desenvolvemos a gama Basicoop Bio, coa que queremos ofrecer os produtos básicos da cesta da compra aos mellores prezos. Así, queremos que a compra ecolóxica e saudábel se achegue a todos os petos. Coa Rede desenvolvemos tamén a gama +Coop, coa que queremos visibilizar e promocionar as produtoras máis comprometidas cos valores agroecolóxicos e cooperativos. 

Descarga aquí o folleto +Coop e Basicoop de setembro

Estes prezos estarán vixentes entre o 15 de setembro e o 15 de outubro.