Actividade: Organización da biblioteca de Árbore
Registrations are closed
Celebramos o Día do Libro en Árbore!
O sábado 20, das 10.30 ás 13.30, anticipámonos un pouco ao Día do Libro (23 de abril) e organizamos no noso local social unha xornada de traballo para organizar a biblioteca de Árbore.
O labor de catalogación está xa avanzado, pero precisamos axuda para organizar os máis de 700 libros que hai e telos ben localizados, para que poidas coller prestados os que che interesen.
Toda axuda será benvida e será unha boa ocasión para compartir e coñecer a outras socias e clientas!