Curso pans tenros sen glute de masa nai

Coa colaboración de Natalia Carrillo, voltamos ás formacións no local social de Árbore!

Neste obradoiro aprenderemos todo o necesario para facer un pan artesanal sen glute na casa, sen perder a cabeza nen o peto! Con Natalia elaboraremos receitas únicas con ingredientes naturais e fariñas simples (sarraceno, arroz, millo miúdo...) coas que crear pans nutritivos, dixestivos e saborosos. 

Prazas limitadas!

Enche o formulario e fai a túa reserva antes do 3 de novembro!



Contidos: 
  • A masa nai: proceso, beneficios e coidados. 
  • Pan tenro para bocadillos
  • Pan de bola de sementes
  • Pan de molde
  • Focaccia
  • Técnica de fermentación lenta
  • Planificación para persoas con pouco tempo

Inclúe ingredientes e merenda degustación. 

Cando?

Desenvolverase durante cinco tardes de novembro:

  • xoves 13 de 18h a 20h
  • venres 14 de 17.30h a 20h
  • sábado 15 de 17h a 19.15h
  • venres 21 de 18h a 20h
  • sábado 22 de 17h a 20.15h
Canto?

O prezo será de 96 euros para as socias de Árbore e de 120 para non socias. Para formalizar a reserva é necesario desembolsar o 40% do prezo na tenda de Árbore ou mediante transferencia. 


Basicoop bio e +Coop: as novas marcas identificativas para unha alimentación xusta e accesible