No noso supermercado traballamos para que a alimentación poida ser saudábel, xusta e accesíbel para todas as persoas.
Hoxe presentamos dúas novas marcas que nacen da cooperación entre tendas, o compromiso coas nosas provedoras e o desexo de ofrecer máis valor ás nosas socias: Basicoop bio e +Coop.

Basicoop bio: produtos básicos ecolóxicos ao mellor prezo
Basicoop bio é a marca que identificará os produtos básicos ecolóxicos que encontrarás na nosa tenda.
Inclúe alimentos de consumo habitual, como pasta, arroz, aceite, legumes ou leite vexetal, de diferentes provedoras e marcas, seleccionadas pola súa calidade, a súa coherencia cos nosos valores e polo seu prezo accesíbel.
O noso obxectivo é que todo o mundo poida permitirse unha compra ecolóxica ao mellor prezo posíbel. Por iso, cada vez que vexas sinalizado un produto como Basicoop bio, estarás vendo o produto ecolóxico máis económico da súa categoría.

+Coop: produtos especiais que impulsan a transformación alimentaria
Mentres Basicoop bio está centrado no esencial, +Coop agrupa produtos que achegan o mellor ao mundo.
Trátase de referencias con identidade propia: alimentos transformadores, de pequenas produtoras, de comercio xusto, de proximidade, de economía social o con características únicas que enriquecen a túa compra.
Con esta marca poderás identificar fácilmente os produtos de cada categoría que máis contribúen a un mundo mellor en base a características claras. Para seleccionalos desenvolvemos un sistema de puntuación interno onde valoramos até 12 criterios diferentes. Os produtos que obteñan 4 ou máis puntos formarán parte do noso universo +Coop. Podes ver o sistema de puntuación aquí, que estará en revisión durante os primeiros meses de implantación da marca para engadir melloras.
Con +Coop cada compra apoia a diversidade produtiva, a biodiversidade, o comercio local, a agroecoloxía e a economía social e solidaria.
Un proxecto de cooperación entre supermercados
Basicoop bio e +Coop son o resultado dun traballo colaborativo entre supermercados cooperativos de distintas cidades do Estado español grazas ao traballo de coordinación da 'Red de Supermercados Cooperativos'. Foi financiado polo 'Ministerio de Trabajo y Economía Social' no marco do 'Plan de Impulso a la Economía Social 2024-2025'.
Grazas a este esforzo conxunto, puidemos:
- Negociar directamente con provedoras para obter mellores condicións.
- Unificar criterios de selección e comunicación de produtos.
- Compartir recursos e materiais gráficos.
- Fortalecer a nosa identidade colectiva fronte á distribución convencional.
Este modelo demostra que a cooperación é unha vantaxe competitiva real para os supermercados cooperativos.
Alianzas con provedoras comprometidas
As dúas gamas foron posíbeis grazas á colaboración de provedoras e produtoras que comparten a nosa visión: transparencia, respecto e compromiso coa sustentabilidade.
Cada produto de Basicoop bio e +Coop está aí polo seu valor social e medioambiental, ademáis da súa calidade e prezo.
Vantaxes para a masa social e clientela
Con estas novas gamas, quen forma parte do noso supermercado cooperativo conta con:
- Maior claridade na compra: fácil identificación de produtos básicos e especiais.
- Opcións para todos os petos, sen renunciar a valores éticos.
- Beneficio directo de acordos conxuntos entre supermercados.
A partir do 22 de setembro
Basicoop bio e +Coop reforzan o noso obxectivo: construír unha alternativa real ao modelo da grande distribución, onde as decisións sexan tomadas de xeito democrático e as persoas estean no centro.
Cada vez que escolles un produto destas gamas, estás apoiando un modelo alimentario xusto, sustentábel e cooperativo.
📍Descobre a partir do 22 de setembro Basicoop bio e +Coop no noso supermercado cooperativo e forma parte activa deste cambio.