COOPERATIVA DE CONSUMIDORAS

Consumo Consciente Árbore é unha cooperativa de consumidoras fundada no 2001 co obxectivo de promover un consumo que se responsabiliza das  consecuencias económicas, ecolóxicas e sociais das nosas formas de alimentación. 
 

En Árbore vendemos produtos ecolóxicos, veganos e vexetarianos, facémolo sempre tendo en conta todas as partes implicadas e traballamos con multitude de produtos de orixe ecolóxica. Na nosa tenda de Vigo poderás atopar dende produtos de alimentación até cosméticos, pasando por artigos de hixiene, suplementos nutricionais etc. 

  • Ecoloxismo

    ecoloxismo.jpg

    Unha forma de practicar o ecoloxismo é mediante a compra de produtos a granel.  Ademais de abaratar custos, podes prescindir do uso de envases innecesarios e  mercar só o que precisas. Contribuímos desta forma a promover a cultura do "zero waste” e a minimizar os residuos. 
     

    Por outra banda, en Árbore sempre ofrecemos envases ecolóxicos e biodegradables. Deste  xeito tratamos de asegurarnos de que o noso planeta non sufra as consecuencias  dos nosos intercambios comerciais.

  • Comercio xusto

    comercio xusto.jpg

    Coa nosa actividade económica procuramos coidar as relacións con todas as nosas provedoras; as máis próximas e tamén as que quedan máis lonxe, normalmente en países do Sur Global.

    Buscamos manter o delicado equilibrio entre uns prezos o máis accesibles posibles para as nosas socias e clientas, e unhas condicións laborais e prezos dignos para todas as persoas que participan na produción dos bens que ofrecemos na tenda.

  • Economía solidaria

    economía social.jpg

    Cremos nunha forma diferente de economía, na que as empresas se xestionan democraticamente, antepoñan os dereitos das persoas, e buscan o impacto social positivo e o coidado do medio. 

    Por todo isto, somos socias de REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria) e compartimos e nos rexemos pola súa Carta de Principios.

  • Consumo consciente

    consumo consciente.jpg

    No corazón da nosa cooperativa está o compromiso co consumo consciente. Proporcionamos acceso a alimentos ecolóxicos, saudables e respectuosos co medio ambiente. 

    Facémolo de forma transparente, para que ti, socia/clienta, poidas tomar decisións informadas e para que entre todas poidamos consumir de forma responsable coas persoas (tamén as xeracións futuras) e co planeta.

COMO NOS ORGANIZAMOS EN ÁRBORE?

  • Asemblea

    A Asemblea de Persoas Socias é o máximo órgano de decisión da cooperativa. A ela corresponde deliberar sobre a política  xeral da entidade e tomar decisións de especial relevancia.

  • Consello Reitor

    O Consello Reitor é o órgano de goberno, xestión e representación da sociedade cooperativa. É o organismo encargado de levar á práctica o decidido na Asemblea Xeral e estar en contacto permanente coas socias traballadoras para axilizar a xestión cotiá da tenda.

  • Socias consumidoras

    As socias consumidoras son a columna vertebral da cooperativa. As súas eleccións informadas guían a selección de produtos ecolóxicos e provedoras responsables. A súa participación activa fomenta unha comunidade comprometida coa sustentabilidade.

  • Socias traballadoras

    O día a día da tenda é xestionado polas socias traballadoras, que se encargan de atender a clientela, tratar coas provedoras, manter a tenda e xestionar temas administrativos, en comunicación directa co Consello Reitor.

Colaboradores

A gavelacoop57espazofiarebancaeticamercadosocialnosaenerxiareassomosconexionsupermercadoscooperativos
PROXECTO COFINANCIADO
xunta
Programa BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL. Operación subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal.
Copyright © 2023Árbore