Chega o final do ano e con el unha época por desgraza caracterizada por un consumismo esaxerado. Dende Árbore non te imos animar a mercar nin imos encher a web ou a tenda de luces e cores rechamantes. Con todo, si queremos que poidas mercar aqueles produtos tradicionais destas datas aplicando os mesmos criterios ca no resto do noso catálogo: de proximidade, ecolóxico e de comercio xusto.
Nesta sección da web podes atopar información sobre:
As cestas de Nadal comercializadas por Oxfam. Por encargo.![]() |
Os roscóns de Reis de Argibay. Por encargo. |
Outros produtos típicos de Nadal preparados por algúns dos nosos provedores habituais: Namoreiras, Argibay, Biogredos, El Abuelo, Belsi ou Oxfam. |