Árbore é máis ca unha tenda

En Árbore queremos ser máis ca a túa tenda ecolóxica en Vigo. Gustaríanos ser un punto de reunión e de diálogo para socias da cooperativa e para o público en xeral. Non só se trata de ter un espazo no que reunirnos con persoas afíns, buscamos tamén coñecernos e converternos nun espazo de encontro e, por que non, de apoio.

Queremos ser:

  • Un lugar onde formar e informar (p. ex., con obradoiros de cociña).
  • Un lugar no que acudir a charlas, presentacións, degustacións... organizadas dende a propia cooperativa ou propostas polas nosas socias.
  • Un lugar de acollida, poñendo o noso local a disposición de organizacións ou asociacións que precisen un espazo no que realizar calquera tipo de actividade respectuosa cos valores da nosa cooperativa.

No noso calendario podes ver a data e horarios dos distintos eventos programados. Podes inscribirte premendo na actividade correspondente, escribindo a info@arbore.gal ou mediante o noso formulario de contacto.

lumamexovesado
PROXECTO COFINANCIADO
xunta
Programa BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL. Operación subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal.
Copyright © 2023Árbore