Árbore é máis ca unha tenda
En Árbore queremos ser máis ca a túa tenda ecolóxica en Vigo. Gustaríanos ser un punto de reunión e de diálogo para socias da cooperativa e para o público en xeral. Non só se trata de ter un espazo no que reunirnos con persoas afíns, buscamos tamén coñecernos e converternos nun espazo de encontro e, por que non, de apoio.
Queremos ser:
- Un lugar onde formar e informar (p. ex., con obradoiros de cociña).
- Un lugar no que acudir a charlas, presentacións, degustacións... organizadas dende a propia cooperativa ou propostas polas nosas socias.
- Un lugar de acollida, poñendo o noso local a disposición de organizacións ou asociacións que precisen un espazo no que realizar calquera tipo de actividade respectuosa cos valores da nosa cooperativa.
No noso calendario podes ver a data e horarios dos distintos eventos programados. Podes inscribirte premendo na actividade correspondente, escribindo a info@arbore.gal ou mediante o noso formulario de contacto.
decembro 2023
lu | ma | me | xo | ve | sa | do |
---|---|---|---|---|---|---|